InicioCentralBurela"Eu como peixe de Burela", a iniciativa para fomentar o consumo de...

“Eu como peixe de Burela”, a iniciativa para fomentar o consumo de peixe entre os pequenos

Publicada o

- Advertisement -


Setenta e cinco alumnos de educación infantil e primaria do CPR Plurilingüe Martínez Otero de Foz participaron este mércores 7 de xuño na xornada divulgativa “Eu Como Peixe” impartida pola nutricionista Alba Vila en colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela.

Esta acción inclúese no plan de produción e comercialización de OPP-7 Porto de Burela, cofinanciada pola Xunta de Galicia e FEMPA, dentro das actividades dirixidas ao público infantil co obxectivo de achegalos ao mundo da pesca e o consumo de peixe.

O secretario técnico de OPP-7, José Manuel Beltrán, deu a benvida aos alumnos antes de dar paso a unha charla divulgativa sobre os beneficios de comer peixe, impartida pola nutricionista Alba Vila, que, ademais dos seus centros de dietética en Burela e Foz, tamén coordina os menús dalgún colexio da zona.

Os pequenos amosáronse moi atentos durante a presentación, seguindo os debuxos e explicacións sobre algunhas das principais especies da lonxa de Burela: pescada do pincho de Burela, peixe sapo, peixe espada, cabala e bonito do norte; e aprendendo as principais diferencias entre o peixe azul e o peixe branco.

No acto participaron 75 alumnos de entre cinco e oito anos, desde quinto de educación infantil ata segundo de educación primaria, que ao final da charla recibiron un regalo en forma de mandil e gorro de chef cos que prometeron que axudarán a cociñar moito peixe nas súas casas durante as vacacións deste verán.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...