InicioCentralBurelaA Carreira 15K ocasionará cortes de tráfico o domingo 11 de xuño...

A Carreira 15K ocasionará cortes de tráfico o domingo 11 de xuño en Burela

O concelleiro Ramiro Fernández Rey contou que “tamén imos ter as carreiros dos nenos, que van ser pola mañá de 9:15 a 10:30 horas aproximadamente, e que van afectar ao paseo marítimo".

Publicada o

- Advertisement -

A carreira 15K ocasionará cortes no tráfico o vindeiro domingo, 11 de xuño, en Burela segundo deu a coñecer o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández.

O edil burelés explicou que “a carreira vai vir por toda a contorna do Cantiño, entón nesa zona imos ter algunha limitación de tráfico para poder garantir a seguridade dos corredores, así como na rúa do Mariñeiro, que imos tentar habilitar un carril para os participantes na carreira e outro para as posibles saídas dos garaxes da veciñanza desta rúa”.

Fernández Rey contou que “tamén imos ter as carreiros dos nenos, que van ser pola mañá de 9:15 a 10:30 horas aproximadamente, e que van afectar ao paseo marítimo. Na zona da praia urbana é onde se van desenvolver estas carreiras e afectarán, como dicía, ao paseo marítimo onde estará restrinxida a circulación”.

O concelleiro de Deportes seguiu a relatar que “tamén na Avenida da Mariña, desde a Travesía do Porto ata a rúa Beiramar durante a celebración da proba tamén vai estar limitado o tráfico. En EIjo Garay teremos tamén algún corte mentres van chegando os corredores, esa rúa vai estar cortada desde a ponte da vía de Feve ata Pardo Bazán”.

Ramiro Fernández dixo: “queremos pedirlle á xente que circule con coidado polas rúas de Burela durante a mañá do vindeiro domingo. Os cortes produciranse entre as 11 e as 14 horas, posiblemente sexa algo menos pero queremos curarnos en saúde”.

E engadiu: “esta é unha proba que se leva celebrando moitos anos, unha proba que é bonita e que serve como irmanamento entre Foz e Burela, e que nos gusta que teña a súa chegada aquí na Praza do Concello para que os corredores poidan gozar de toda esta costa que temos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...