InicioCentralBurelaPromoción da pescada de Burela coa campaña "Merluza de Burela Son Palabras...

Promoción da pescada de Burela coa campaña “Merluza de Burela Son Palabras Mayores”

Publicada o

- Advertisement -

Desde Burela preséntase a nova campaña a favro da pescada de Burela. Así, experiencia, calidade, tradición e sabor… son “Palabras maiores”, a nova campaña coa que Merluza D& Burela reforza a súa presenza fóra de Galicia buscando a complicidade do público sénior. Despois do éxito das últimas accións levadas a cabo o ano pasado, a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela repite Castela e León como localización para o lanzamento da nova campaña publicitaria da súa marca “Merluza D& Burela”.

Nesta ocasión a estratexia pon o foco no público sénior, con máis experiencia e consumidor habitual de peixe, fuxindo de marcados estereotipos onde a sociedade parece estar só representada polos mozos. Todo o contrario, o público máis adulto é o coretarget tradicional de consumo de peixe de fresco, e tamén o que máis seguiu comprándoo a pesar da escala de prezos e a inflación. É tamén o grupo de poboación que talvez máis sabe o que quere e que máis se merece seguir gozando das súas ganas de vivir e dun produto de primeira como a Pescada de Burela, do petisco e de calidade.

“Son un faro para as demais xeracións e comparten moitos valores coa nosa marca”, aseguran desde a OPP-7. Merluza D& Burela busca a complicidade dos séniores facéndolles protagonistas dunha campaña para consolidarse fóra de Galicia cun produto de calidade e cheo de sabor, capturado peza a peza con artes de pesca selectiva: “Os que temos máis experiencia apreciamos o que queremos, somos esixentes e mantemos sempre a frescura”, menciónase na campaña.

Dentro do plan de expansión da marca, a campaña terá especial presenza en Castela e León, con publicidade exterior, radio e internet nunha das comunidades con maior consumo de peixe fresco, e que ademais é un mercado estratéxico pola proximidade xeográfica con Galicia. Esta campaña da Organización de Produtores Pesqueiros Porto de Burela inclúese no seu plan de produción e comercialización, realízase en colaboración con Armadores de Burela e está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...