InicioCentralBurelaCurso de teatro para crianzas no centro social Xebra! en Burela durante...

Curso de teatro para crianzas no centro social Xebra! en Burela durante o verán

As sesións serán os sábados de xullo e agosto. As prazas son limitadas, o prazo para anotarse finaliza o xoves 29 de xuño.

Publicada o

- Advertisement -

A rapazada de Burela contará este verán cun curso de teatro na súa vila. O actor e profesor de teatro Daniel Otero ofrecerá formación teatral durante os meses de xullo e agosto no centro social Xebra! (Leandro Cucurni, 9). A iniciativa parte do estudo teatral coruñés Casahamlet, fundado polo laureado dramaturgo valadourés Manuel Lourenzo e Santiago Fernández.

As sesións serán nas mañás dos sábados e durarán dúas horas. Ademais, organizaranse dous grupos en función da idade: un para crianzas (de 7 a 12 anos) e outro para adolescentes (de 12 a 17 anos). O curso, explica Otero, convida o alumnado a xogar coa imaxinación e a creatividade “a través da participación creativa co grupo”. Cuestións como a improvisación, a expresión corporal, o uso da voz ou a escoita en escena son algunhas das ferramentas que achegará o docente para aproximar a profesión actoral á xente máis nova.

As prazas para o curso son limitadas, polo que as persoas interesadas en participar poden inscribirse antes do xoves 29 de xuño a través do enderezo electrónico dani.otero1993@gmail.com ou do teléfono 661 06 29 84.

Daniel Otero (Nois, 1993) é un actor titulado en interpretación polo Estudio Teatral Casahamlet. Ampliou a súa formación actoral con profesionais do sector como Jorge Coira, Alfonso Zarauza, Fernando Tato ou Manuel Lourenzo, con quen ten traballado no grupo Elsinor Teatro.

No eido audiovisual ten participado na webserie ‘Terapia de’ (finalista a mellor webserie nos últimos premios Mestre Mateo) e nas series ‘Vivir sin permiso’, ‘O sabor das margaridas’ ou ‘Método criminal’. Actualmente, o intérprete –afincado na Coruña– compaxina o seu traballo interpretativo coa docencia en interpretación enfocada a crianzas e adolescentes.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...