InicioCentralBurelaXornadas sobre dereitos laborais en Burela no local da Asociación Xebra!

Xornadas sobre dereitos laborais en Burela no local da Asociación Xebra!

Publicada o

- Advertisement -

Co gallo do inicio do verán, os traballos estacionais e os primeiros contratos de moita xente nova, o avogado e especialista en dereito laboral Héctor López de Castro achegará unha breve introdución aos dereitos laborais. A actividade, que ofrecerá tamén unha amena sesión vermú logo da palestra, será no centro social Xebra! (Leandro Cucurni, 9) ás 12 horas do sábado 17 de xuño. A actividade é de balde, aberta até completar aforo.

Héctor López de Castro é natural de Foz e actualmente traballa como avogado para a CIG (Confederación Sindical Galega). Conta cunha dilatada presenza na rede, con máis de 12 mil seguidores en Twitter (@Cascarelo), na que comenta cuestións de actualidade. Aínda que vive fóra da comarca, o seu labor segue ligado á Mariña, como aconteceu cando traballou no caso do ERE de Alcoa de 2020. 

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...