- Advertisement -
Os usuarios da Fundación Eu Son entregáronlle esta mañá un agasallo ao alcalde de Burela, Alfredo Llano.
O rexedor contou que “recibín a visita de usuarios de Eu Son que me entregaron un agasallo, unha curuxa, desexáronme boa sorte na nova etapa que inicio. Sentín moita emoción ao recibilos. Foi un pracer enorme ter colaborado con esta Fundación, algo que penso seguir facendo sempre”.