A nova alcaldesa de Burela, Carmela López, asumiu o seu cargo este pasado 17 de xuño nun acto onde tivo palabras de agradecemento para o rexedor saínte, Alfredo Llano, “por 12 anos de adicación a Burela que marcaron a vida deste Concello. Tamén por darme a oportunidade de traballar no seu equipo ofrecéndome a Concelleria de Servizos Sociais e de Mar e concedéndome unha impagable experiencia”.
Carmela López destacou tamén no seu discurso que este mandato terá dúas grandes tarefas. “Facer Burela máis accesible, máis vivible e máis amable con espazos para gozar da vida diaria e a mellora de equipamentos e infraestruturas”.
O segundo compromiso recollido por López é o de aproveitar o potencial de crecemento e visibilidade do municipio. “Temos que ir buscar oportunidades para burela, non esperar que nos veñan soas. Non hai tempo que perder nin oportunidade que desaproveitar”.