InicioCentralBurelaRatificado o reparto de áreas de goberno no Concello de Burela

Ratificado o reparto de áreas de goberno no Concello de Burela

Da xunta de goberno local formarán parte Carmela López, Mario Pillado, Ramiro Fernández, Lina Gómez e Patricia Eijo.

Publicada o

- Advertisement -

No pleno de organización do Concello de Burela foi ratificado o reparto das Áreas de Goberno, que asinou hai alcaldesa, Carmela López, hai uns días a través dun decreto.

A rexedora asume Urbanismo, Persoal, Policía Local, Protección Civil e Medio Ambiente.

Mario Pillado, primeiro tenente de alcaldesa, será o responsable das Áreas de Xustiza Social, Mocidade e tamén Educación, que aglutinan ademais Inmigración e Cooperación, Escola de Música, Aula Cemit e Centro de Drogodependencias.

Ramiro Fernández Rey, segundo tenente de alcaldesa, levará as Áreas de Obras e Benestar Comunitario, Turismo e Mar, que inclúen (Sumidoiros, abastecemento de auga, recollida de residuos, limpeza viaria, cemiterio, alumeado público e tamén escolas infantís).

Lina Gómez Pardo será a concelleira delegada de Cultura e Comercio de Proximidade; Patricia Eijo Palmeiro, levará as delegacións de Economía e Facenda, Festas e Festexos; Alejandra Fernández Cillero farase cargo da Delegación de Igualdade e Servizos Sociais; e Carlos Méndez Pena, será o concelleiro de Deportes e Sanidade.

Da xunta de goberno local formarán parte Carmela López, Mario Pillado, Ramiro Fernández, Lina Gómez e Patricia Eijo. As sesións plenarias terán periodicidade bimensual, os xoves da cuarta semana dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro ás 20 horas.

Foron aprobadas as dúas dedicación exclusivas absolutas do Concello de Burela, que serán para a alcaldesa e para o primeiro tenente de alcaldesa. E o segundo tenente de alcaldesa percibirá unha dedicación parcial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...