InicioCentralBurelaA Embaixada de Cabo Verde envía persoal a Burela para renovar pasaportes...

A Embaixada de Cabo Verde envía persoal a Burela para renovar pasaportes de cidadáns caboverdianos

Publicada o

- Advertisement -

Durante a fin de semana tivo lugar en Burela unha campaña de tramitación de pasaporte a cargo de persoal da embaixada de Cabo Verde. En total foron 64 as persoas atendidas.

O concelleiro de Inmigración e Cooperación, Mario Pillado, subliñou “o éxito da campaña de tramitación e renovación do pasaporte levada a cabo por persoal da embaixada de Cabo Verde trasladado este fin de semana á nosa vila. Este persoal constatou ter atendido ata 64 persoas durante as xornadas do sábado e o domingo, nas instalacións do centro de formación ocupacional. Foi tan boa a acollida, que na xornada do sábado tiveron que ampliar o horario porque seguía a chegar xente para poder aproveitar este servizo”.

O edil burelés tivo palabras de agradecemento para o traballo desenvolvido polo persoal da embaixada e do Concello de Burela: “quero agradecer a colaboración do persoal da embaixada, do persoal do Concello que colaborou tanto previamente como durante a fin de semana e moi especialmente de Carlos Moreno Gonçalves, que co seu impulso propiciou que fora posible esta iniciativa”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...