InicioCentralBurelaBurela acollerá en xullo o IX Torneo de Tenis 'Memorial José Luis...

Burela acollerá en xullo o IX Torneo de Tenis ‘Memorial José Luis Yebra’

A competición, xa na súa novena edición, está organizada polo Club de Tenis-Pádel A Marosa, coa colaboración do Concello de Burela.

Publicada o

- Advertisement -

Entre o 14 e o 30 de xullo celebrarase o IX Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial de José Luis Yebra. A inscrición está aberta ata o día 11.

O torneo disputarase nas modalidades de individual absoluto e dobres absoluto. Ademais de xoves promesas, na que haberá dúas categorías.

A inscrición pode realizarse por teléfono nos números 687 433 380 ou 630 744 347 ou no correo electrónico clubdetenisdelamarosa@outlook.com. O custe será de quince euros na categoría individual e cinco para os participantes de dobres e xoves promesas. En todos os casos trátase de xogadores non socios. As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o vindeiro 11 de xullo ás doce da noite.

A competición, xa na súa novena edición, está organizada polo Club de Tenis-Pádel A Marosa, coa colaboración do Concello de Burela.

O IX Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra foi presentado este martes. No acto participaron Fernando Rey e Antonio González do club organizador xunto á alcaldesa, Carmela López, o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez, e o concelleiro de Mocidade, Mario Pillado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...