InicioCentralBurelaO Foro Social da Mariña tratará o dereito á alimentación e enerxía...

O Foro Social da Mariña tratará o dereito á alimentación e enerxía o día 18 de xullo en Burela

Publicada o

- Advertisement -

O Foro Social da Mariña abordará nunha palestra unha transición enerxética e os distintos proxectos programados na Mariña (eólica, eólica mariña, solar, hidróxeno, etc.) que se celebrará o18 de xullo de 2023, ás 20 horas. Tamén se tratará o papel do ecoloxismo no momento actual “nun momento no que se intenta enganar á sociedade culpabilizando ao movemento ecoloxista para xustificar proxectos con grandes impactos que responden ao interese do gran capital”. Asemade, debaterase sobre o acceso da poboación a unha alimentación saudable e nutritiva, a produción de alimentos no territorio e o abandono do rural.

Poñentes:

Dereito á alimentación: Isabel Vilalba Seivane, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego ( SLG ).

Ecoloxía e Enerxía: Xoán Doldán García, profesor de economía aplicada da USC e ex–director do INEGA.

Moderador: Xosé Luis Fernández Rivera, membro do Foro Social da Mariña.

Lugar e data: Salón de actos da Confraría de Burela.

18 de xullo de 2023, ás 20 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...