InicioCentralBurelaNenos e nenas de Burela aprenden a importancia das algas na Ocioteca

Nenos e nenas de Burela aprenden a importancia das algas na Ocioteca

Para iso fixeron un roteiro entre O Cabaliño e Ril e explicáronlles aos participantes “como as correntes mariñas trasladan as algas dunhas praias a outras, polo que un día unha praia pode estar chea delas e ao seguinte non contar con ningunha”.

Publicada o

- Advertisement -

As monitoras de Gaia organizaron unha actividade co obxectivo de dar a coñecer as algas que se poden atopar nos areais de Burela.

Para iso fixeron un roteiro entre O Cabaliño e Ril e explicáronlles aos participantes “como as correntes mariñas trasladan as algas dunhas praias a outras, polo que un día unha praia pode estar chea delas e ao seguinte non contar con ningunha”. E fixeron fincapé “na importancia que teñen, xa que producen osíxeno permitindo a respiración de moitos organismos acuáticos e serven de zona de refuxio de hábitats para milleiros de especies”. A xornada rematou coa elaboración dun caderniño no que reflectiron todo o aprendido.

A concelleira responsable do Centro Gaia, Lina Gómez, comentou que “continuamos con actividades moi diversas para as nenas e os nenos maiores que acoden á Ocioteca de verán. Consideramos que é interesante que aprendan a importancia que teñen as algas para o medio mariño e que estean en constante contacto coa natureza. Deste xeito aprenderán a respectala cada día un pouco máis”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...