InicioCentralBurelaA Romaría do Monte Castelo en Burela está xa en marcha

A Romaría do Monte Castelo en Burela está xa en marcha

O presidente da Asociación de Amigos do Monte Castelo, Marcos Vázquez, agradece “o apoio do Concello de Burela, que está a axudar en todos os preparativos, ao igual que a asociación de montes e o resto de entidades”.

Publicada o

- Advertisement -

Todo está listo en Burela para a celebración da Romaría do Monte Castelo, que organizan a Asociación Amigos do Monte Castelo e o Concello de Burela, coa colaboración de Absa, Ledicia e a Mancomunidade de Montes. A cita terá lugar do 21 ao 23 de xullo.

O presidente da Asociación de Amigos do Monte Castelo, Marcos Vázquez, agradece “o apoio do Concello de Burela, que está a axudar en todos os preparativos, ao igual que a asociación de montes e o resto de entidades. Temos xa todo perfilado para arrincar coa montaxe”.

O venres, 21 de xullo, haberá misa na Igrexa da Vila do Medio ás 20 horas e despois ás 21 horas chicharrada no Monte Castelo aberta aos romeiros e romeiras alí acampados e tamén ao resto da xente que se queira achegar. A continuación actuación do grupo Tapyoca e un dj. O sábado está prevista unha festa con dj´s locais desde as 11:30 horas e ata o peche da xornada. Haberá tamén sesión vermú coa Orquestra Arizona, pola tarde concurso de disfraces, xogos para as nenas e os nenos e verbena con Arizona e dj. E xa o domingo ás 13:00 horas misa con procesión na honra da nosa Señora das Marabillas e sesión vermú a cargo do Dúo Samba.

Vázquez explica que “tras deixar atrás a pandemia o que notamos na xente é que hai ganas de subir e de disfrutar do monte, das vistas que temos desde alí, da familia, dos amigos… o que facemos todos nunha romaría”.

Desde Amigos do Monte Castelo tiveron palabras de lembranza “para o precursor da festa, Martín Iglesias, que xa non está entre nós. El e o club de balonmán que había aló pola década dos 90 empezaron con esta festa e seguímola levando unha asociación de amigos, que queremos que isto se siga mantendo e que siga habendo respecto polo medio ambiente nun área recreativa que está moi ben”.

A alcaldesa, Carmela López, manifestou que “o Monte Castelo é unha área que potenciaremos durante o noso mandato e a romaría que organiza a Asociación de Amigos do Monte Castelo é unha cita das que persoalmente non me perdo porque considero que debemos promover e apoiar estas xuntanzas de veciños así como o contacto coa natureza”.

A concelleira de Festas e Festexos, Patricia Eijo, animou “a participar nesta tradicional cita do verán en Burela”.

No acto de presentación participaron varios membros da Asociación Amigos do Monte Castelo, das entidades colaboradoras, así como a concelleira de Festas e Festexos, Patricia Eijo, e a alcaldesa Carmela López.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...