InicioCentralBurela'Merluza D& Burela' organiza unha xornada en Valladolid sobre alimentación saudable

‘Merluza D& Burela’ organiza unha xornada en Valladolid sobre alimentación saudable

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, en colaboración con Dietista Magnética, organizou este xoves en Valladolid unha xornada sobre alimentación saudable na que a protagonista foi a Pescada D& Burela. O grupo de participantes visitou este xoves pola mañá o Mercado del Val de Valladolid, en cuxas peixarías lles explicaron como diferenciar o peixe branco do azul polo tipo de cola e sobre todo o que significa unha marca de calidade, como “Merluza D& Burela”, detallando a arte de pesca e as zonas nas que se captura a pescada.

A xornada celebrouse nun ton moi distendido e con alta participación por parte do público, sobre todo os nenos asistentes, que fixeron moitas preguntas sobre a pescada e o peixe en xeral. A continuación Dietista Magnética ofreceu unha charla divulgativa sobre a importancia do peixe na nosa alimentación, destacando as súas propiedades e beneficios para a saúde.

Finalmente tivo lugar unha degustación de receitas de pescada elaboradas pola chef María José, do Gastrobar Menganita: “Taco de Merluza D& Burela confeitada a baixa temperatura e con ajada” e “Tapa de Merluza D& Burela con boletus e costra de alioli”, acompañadas de limonada natural. Algunhas das persoas participantes pediron as receitas por escrito para poder repetilas nas súas casas e outras recoñecían que probaban o peixe por primeira vez, o que xustifica a celebración deste tipo de citas, achegando o “Peixe de Burela” a zonas do interior e fomentando o consumo de peixe entre a poboación.

Esta acción inclúese no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á rastrexabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa, e está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMPA.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...