InicioCentralBurelaSacan un codutor polo maleteiro dun vehículo logo dun accidente en Burela

Sacan un codutor polo maleteiro dun vehículo logo dun accidente en Burela

Publicada o

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias conseguiron sacar polo maleteiro ao condutor dun vehículo que se saíu da vía, chocou contra un farol e quedou envorcado sobre un lateral no municipio lucense de Burela.

Segundo trasladou o 112 Galicia, o suceso ocorreu sobre as 15,00 horas na rúa Mariñeiro. Un particular deu aviso á central de emerxencias e, a partir de aí, os operadores do 112 activaron un operativo para o que se mobilizou aos Bombeiros de Barreiros e aos membros do GES de Cervo, así como aos servizos sanitarios.

Xa no lugar, para poder liberar o ferido, abriron un oco polo maleteiro do coche e romperon o separador de carga. Con esta operación, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 puido acceder ao ferido antes de trasladalo ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...