InicioCentralBurelaBalance positivo da fin de semana deportiva en Burela

Balance positivo da fin de semana deportiva en Burela

O concelleiro de Deportes, Carlos Méndez, declarou que “foron dous días de moi bo ambiente deportivo en Burela, que unido á fin de semana gastronómica do Tapeo Bonito".

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de Deportes, Carlos Méndez, fai un balance positivo da fin de semana deportiva vivida na vila coa celebración da VII Carreira Burela Bonita e coa final do Torneo de Tenis Memorial José Luis Yebra.

O edil burelés declarou que “foron dous días de moi bo ambiente deportivo en Burela, que unido á fin de semana gastronómica do Tapeo Bonito, fixo que foran moitas as persoas que se achegaran á nosa vila para gozar do deporte e ademais aproveitaron para degustar o noso príncipe azul, polo que o balance que podemos facer é positivo”.

Simón Río e Helena Celada foron os campións das absolutas masculina e feminina da VII Carreira Burela Bonita. Adriana Rebolo e Ángel Sánchez foron os gañadores das cadetes feminina e masculina; Lidia Balseiro e Luis Berdeal das infantís feminina e masculina; Marta Ceñal e Miguel Diz, das alevíns feminina e masculina e Xana Díez e Thiago Fernández, das benxamíns feminina e masculina.

Na entrega de premios participaron a alcaldesa, Carmela López, e os concelleiros de Deportes, Mocidade e Turismo, Carlos Méndez, Mario Pillado e Ramiro Fernández.

Carlos Méndez aproveitou a ocasión para felicitar aos gañadores e gañadoras: “parabéns a todos e moitas grazas por participar un ano máis na Burela Bonita. Agardámolos a todos e todas e a moitos máis no 2024 nesta carreira, que xa é un clásico do verán na nosa vila e na comarca”.

Tamén se disputaron onte, domingo, as finais do IX Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra. Na categoría dobres xoves os gañadores foron Iago Mon e David Valle; na de individual xoves o campión foi Marcos Martínez; en sub 17 Daniel Fernández; na categoría dobres absoluto proclamáronse campións Javi Fernández e Rafael Marful; e na de individual absoluto o gañador foi Fernando Kanacri.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...