InicioCentralBurelaDenuncian atrasos nunha consulta de neuroloxía no Hospital da Mariña

Denuncian atrasos nunha consulta de neuroloxía no Hospital da Mariña

O paciente está tomando un tratamento para a doenza de Párkinson.

Publicada o

- Advertisement -

Un paciente denuncia que desde o Hospital da Mariña están a atrasarlle a consulta de neuroloxía para control dun tratamento e evolución dunha patoloxía en contra dos criterios do neurólogo. O paciente é visto en marzo de 2023 polo servizo de neuroloxía, pois fíxose un diagnóstico sintomático de enfermidade de Parkinson. Nesta consulta páutaselle un tratamento que posteriormente, o día 31 de maio de 2023 é modificado.

O neurólogo indica una nova revisión en dous meses para para valorar a efectividade do tratamento e a evolución da súa patoloxía, concretándoselle una nova consulta para o día 14 de xullo de 2023. Desde o hospital da Mariña o paciente recibe una chamada o día 10 de xullo para atrasarlle dita consulta ata o 15 de novembro, atrasándose a consulta deste xeito catro meses respecto á prescripción facultativa.

EFECTUADA E REXISTRADA UNHA RECLAMACIÓN QUE NON FOI SOLUCIONADA

O paciente contacta coa Plataforma Sanitaria da Mariña, que redacta e rexistra a correspondente reclamación o día 11 de xullo de 2023, con numero de entrada no rexistro 3112. A día de hoxe o paciente non tivo comunicación alguna por parte da dirección do centro nin solución ao problema que presenta, actuando de xeito ineficaz e inefectivo diante das demandas xustas dos pacientes por mor de esperas que sobrepasan con creces o límite máximo establecido por lei, que contradicen o criterio facultativo impedindo a correcta vixiancia dos procesos patolóxicos, así como da avaliación correcta dos tratamentos coas conseguintes consecuencias para as persoas enfermas.

Esiximos que se ” resolva de inmediato este problema e que se instaure dunha vez por todas a normalidade nas esperas e citacións “- conclúen desde a plataforma sanitaria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...