InicioCentralBurelaOs pequenos da Ocioteca de Burela crean un mural cos residuos que...

Os pequenos da Ocioteca de Burela crean un mural cos residuos que se poden ver nas praias

A concelleira responsable do Centro Gaia, Lina Gómez, contou que “as monitoras de Gaia fixeron fincapé en que estes residuos estarán durante moitos anos na natureza e nalgunhas ocasións nunca desaparecerán, ocasionando contaminación nos nosos mares e praias".

Publicada o

- Advertisement -

As nenas e os nenos da Ocioteca de Verán, coa axuda das monitoras de Gaia, realizaron unha actividade denominada Lixo de cada día.

Segundo explican as propias monitoras “consistiu nun roteiro á praia de O Portelo e a elaboración dun mural no que clasificaron segundo a súa procedencia os diferentes residuos que se poden atopar nos nosos areais: bastonciños, toalliñas húmidas, compresas, botellas de plástico, tapóns, microplásticos, restos de redes, cabichas…”.

A concelleira responsable do Centro Gaia, Lina Gómez, contou que “as monitoras de Gaia fixeron fincapé en que estes residuos estarán durante moitos anos na natureza e nalgunhas ocasións nunca desaparecerán, ocasionando contaminación nos nosos mares e praias. E insistiron na necesidade de depositalos, sempre que sexa posible, nos diferentes contedores que atoparemos nas nosas rúas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...