InicioCentralBurelaA Sociedade Cultural Ledicia prepárase para a XXXVII Feira do Bonito de...

A Sociedade Cultural Ledicia prepárase para a XXXVII Feira do Bonito de Burela

Publicada o

- Advertisement -

A Sociedade Cultural Ledicia, ultima a celebración da XXXVII FEIRA DO BONITO para a vindeira fin de semana, 5  e 6 de agosto.

O programa da Feira dábase a coñecer a pasada semana case na sua totalidade, reservando unha novidade para esta recta final da espera que agardamos sorprenda a amigos e visitantes: o vindeiro domingo dia 6, ademáis da xa consolidada degustación de marmitako, as persoas que se acheguen á festa poderan degustar unha TOSTA GOLOSA, consistente nunha base de pan de bola do pais, ventresca de bonito asada e pemento de piquillo de elaboración artesana.

Un exquisito bocado do que se prepararán 350 racións ao prezo de 5 euros.

Desexando que as persoas que se acheguen a Burela esta semana disfruten con nós de todo o organizado, agradecer unha vez máis a colaboración do voluntariado, das entidades públicas e privadas, e dos  medios de comunicación. “Os pequenos grans de area cando se xuntan fan grandes praias” 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...