InicioCentralBurelaA Feira Produart está xa en marcha en Burela

A Feira Produart está xa en marcha en Burela

A presente edición de Produart pecharase o domingo a última hora da tarde, tras a clausura da presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, xunto con Francisco Cajoto en representación da Deputación de Lugo.

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, xunto coa presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, inauguraron este venres pola tarde a 21ª edición da feira Produart, a Feira dos Produtos do Mar, Artesanais e Ecolóxicos que organiza anualmente a Fundación Expomar e que, como cada ano, se celebra na primeira fin de semana de agosto coincidindo coa Feira do Bonito.

De venres a domingo, a nave de redes do porto de Burela acolle a máis de 40 expositores de diversa orixe, desde produtos pesqueiros ata artesanía tradicional, alimentación (tanto perecedeira como elaborados e conservas), produtos naturais e ecolóxicos.

Dentro do programa de actividades este ano cobran maior relevancia as degustacións de produtos do mar, como o showcooking “Peixe de Burela” patrocinado pola OPP-7 Porto de Burela, que realizou o chef Bruno Pena, da Asociación Cociñeiros Lugo, tra-lo acto de inauguración, cociñando en directo estas dúas receitas: ceviche de Bonito de Burela e crocante de arroz con zorza de Bonito de Burela, guacamole e tomate osmotizado.

Tampouco faltarán actuacións musicais, como a do grupo de cantareiras e pandereteiras da Sociedade Cultural Ledicia, ‘As Grileiras’. O programa desta edición inclúe tamén demostracións de encaixe de bolillos e actividades infantís, que se suman á multitude de actividades de ocio que cada ano rodean a esta cita, como a XXXVII Feira do Bonito, as visitas ao Barco Museo Boniteiro ‘Reina del Carmen’, o Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, que este ano celebra a súa edición definitiva completando os tramos do muro rompeolas do Porto de Burela; ou o I Encontro de Alfombrismo e Arte Efémero Galego, que ten lugar xunto á nave de redes na que se celebra Produart.

A presente edición de Produart pecharase o domingo a última hora da tarde, tras a clausura da presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López, xunto con Francisco Cajoto en representación da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...