InicioCentralBurelaActo de promoción de 'Merluza D& Burela' con Martín Berasategui

Acto de promoción de ‘Merluza D& Burela’ con Martín Berasategui

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela celebrará un acto de promoción e divulgación de ‘Merluza D& Burela’ o xoves 10 de agosto e que contará coa participación de Martín Berasategui, asesor gastronómico da marca e cociñeiro español con maior recoñecemento nacional e internacional con 12 Estrelas Michelín e 12 Soles Repsol. O acto será na lonxa burelesa.

Durante a xornada realizarase unha visita con autoridades ás 8:30h á lonxa para asistir en directo á parte final dunha poxa de pescada de pincho. Tamén se visitará un buque palangreiro atracado no porto para coñecer a pesqueira do palangre de fondo. E finalmente celebrarase un acto público ás 11:00h no salón de actos de Armadores de Burela, no que se fará unha presentación das principais campañas de promoción realizadas nos últimos anos desde o Porto de Burela.

Esta acción está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMPA, e inclúese no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á rastrexabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...