InicioCentralBurelaVillares resalta o valor da pescada do pincho de Burela que se...

Villares resalta o valor da pescada do pincho de Burela que se extrae mediante pesca selectiva

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, reivindicou a importancia deste peixe na dieta e insistiu en que unha baixada do IVE a estes produtos contribuiría a aumentar o seu consumo e os ingresos dos profesionais do sector.

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, puxo en valor este xoves a pescada do pincho de Burela, así como a “selectividade e a exclusividade” da súa captura, que se realiza peza a peza con artes de pesca selectiva.

Así o sinalou durante o acto de presentación da campaña de promoción de ‘Pescada d& Burela’, desenvolvida pola Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, que contou coa participación do cociñeiro con 12 Estrelas Michelín, Martín Berasategui, embaixador desta acción.

Villares reivindicou a importancia deste peixe na dieta e insistiu en que unha baixada do IVE a estes produtos contribuiría a aumentar o seu consumo e os ingresos dos profesionais do sector.

O titular de Mar destacou tamén a necesidade de accións de difusión como Pescada d& Burela, á que valorou como unha “mostra firme” da defensa do sector que realiza a organización de produtores de Burela. Esta campaña está cofinanciada pola Xunta e o fondo europeo pesqueiro.

Alfonso Villares agradeceu, ademais, a Berasategui que exerza de embaixador deste produto, participando activamente nas campañas de promoción. A xornada de promoción e divulgación da Pescada d& Burela incluíu unha visita á lonxa da localidade e a un buque palangreiro que se dedica á captura de pescada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...