InicioCentralBurelaBurela celebrara o Campionato 3X3 de fútbol infantil e xuvenil os días...

Burela celebrara o Campionato 3X3 de fútbol infantil e xuvenil os días 23 e 24 de agosto

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela organiza os próximos días 23 e 24 de agosto o campionato infantil e xuvenil 3×3 de fútbol, unha das actividades deportivas programadas para o verán.

Celebrarase na praza da Mariña e, se é necesario por mal tempo, trasladarase ao Pavillón dos Castros. Haberá competicións nas categorías sub 10, sub 12, sub 14, e sub 16, tanto masculino, como feminino ou mixtos.

O presentación do campionato correu a cargo de Mario Pillado, concelleiro de Xuventude; Carlos Méndez, concelleiro de Deportes, e Ivan Cao, técnico municipal de deportes.

“Unha das citas máis esperadas do verán, animamos a toda a mocidade a participar no campionato, nun ambiente festivo e de cordialidade”, asegura Mario Pillado, mentres que Carlos Méndez destacou “a importancia de fomentar o deporte e os hábitos de vida saudables durante todo o ano, tamén no verán”.

Os partidos comezarán ás 20:00 horas e as inscricións deben facerse na Casa da Xuventude de 9 a 13 horas (982 581 141).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...