InicioCentralBurelaBurela recibe a Silvia Rozas, frautista da ópera de Hannover

Burela recibe a Silvia Rozas, frautista da ópera de Hannover

A alcaldesa Carmela López sinalou que “aproveitamos este encontro propoñerlle unha colaboración coa nosa Escola de Música, da que a propia Silvia Rozas foi alumna”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela recibiu na Casa do Concello de Burela a Silvia Rozas Ramallal, natural do municipio e actual frautista principal da Ópera de Hannover, contando cunha destacada traxectoria musical a pesar da súa xuventude.

Dende o Concello destacan o “orgullo que supón que Silvia dese os seus primeiros pasos musicais na Escola de Música de Burela, da que pasou ós conservatorios de Vilalba e Viveiro para logo seguir coa súa preparación na Coruña, de onde deu o salto cara Alemania, primeiro en Berlín e agora en Hannover”. Ademais de ter participado en prestixiosos certames internacionais, foi membro da Orquestra Sinfónica de Galicia, da Xove Orquestra da Unión Europea e da Ópera de Berlín.

Tanto a alcaldesa, Carmela López, como o tenente de alcaldesa, Mario Pillado, e a concelleira de Cultura, Lina Gómez, mantiveron unha distendida conversa con Silvia, na que a intérprete lles trasladou “o bo ambiente no que traballo, coñecer persoas de diferentes culturas e as viaxes son o que mais valoro da música”.

Segundo Carmela López, “aproveitamos este encontro para facerlle un recoñecemento público pola súa gran carreira e para propoñerlle unha colaboración que agardemos sexa produtiva coa nosa Escola de Música, da que a propia Silvia Rozas foi alumna e á que temos intención de dar un forte impulso”.

Pillado sinalou que “a experiencia de Silvia pode ser moi positiva para os usuarios e as usuarias da nosa Escola, así como tamén para animar a outros nenos e nenas a que comecen a súa relación coa música, non só para marcarse as metas que acadou a propia artista senón para valorar todas as vantaxes que a música pode ofrecer”.

Finalmente, tanto os membros do goberno local como a virtuosa burelá quedaron en celebrar unha nova visita desta última para concretar máis a colaboración que se propuxo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...