InicioCentralBurelaCampus de taekwondo gratuíto para nenos e nenas de 3 a 16...

Campus de taekwondo gratuíto para nenos e nenas de 3 a 16 anos en Burela

Terá lugar todos os luns, mércores e venres dende este mércores 23 de agosto ata o mes de novembro incluído, no pavillón Os Castros de 16:00 a 17:00.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela acollerá, dende mañá mércores 23 de agosto ata finalizado o mes de novembro, o seu Campus de Taekwondo. Este desenvolverase todos os luns, mércores e venres de 16:00 a 17:00 no pavillón Os Castros.

A actividade será gratuíta, como parte do Plan Corresponsables para favorecer a conciliación familiar. Poderá participar a rapazada de 3 a 16 anos para formarse neste deporte.

Presentaron o evento o tenente de alcaldesa Mario Pillado, o entrenador nacional de taekwondo Juan Carlos Quintana e o concelleiro de Deportes no municipio Carlos Méndez.

Será necesario anotarse na actividade contactando coa entidade organizadora Club Jansu, de Vilalba, a través do correo electrónico juancaqd@gmail.com ou no teléfono 651577247.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...