Burela renovará dúas beirarrúas en Marques de Sargadelos e Nosa Señora do Carme

O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, afirma que “o obxectivo deste goberno é seguir mellorando a accesibilidade da vila, e estas actuacións amosan ese compromiso”.


O Concello de Burela renovará dúas beirarrúas nas rúas Marqués de Sargadelos e Nosa Señora do Carme, unhas obras cun orzamento conxunto de 19.894,65 euros. O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, afirma que “o obxectivo deste goberno é seguir mellorando a accesibilidade da vila, e estas actuacións amosan ese compromiso”.

Por unha banda, na rúa Marqués de Sargadelos, que conta cun notable desnivel, instalarase unha varanda e renovaranse as beirarrúas cun material máis rugoso, para aumentar a seguridade dos viandantes.
Por outra banda, na rúa Señora do Carme xa se fixera unha actuación previa, polo que agora se renovará e mellorará o tramo restante.

Estas actuacións están incluídas no Plan Único Provincial do ano 2022. “Seguiremos mellorando beirarrúas en mal estado”, engade Fernández.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here