Salvamento Marítimo presenta este martes a súa nova embarcación “Guardamar Urania” en Burela


Salvamento Marítimo presentará este martes 12 de setembro ás 09:00 en Burela a súa nova embarcación “Guardamar Urania”.

Segundo as autoridades de Salvamento Marítimo, esta nova embarcación incorpora os medios máis modernos tanto en navegación, comunicación e sistemas de busca e salvamento.

Por outra parte, o “Guardamar Urania” non terá un porto base fixo senón que se irá situando pola costa española segundo as necesidades e a efectividade da mesma.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here