InicioCentralBurelaBurela investirá máis de 400.000 euros na renovación das gradas do campo...

Burela investirá máis de 400.000 euros na renovación das gradas do campo de fútbol

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela anuncia a licitación do proxecto para renovar as gradas do campo de futbol municipal, ubicado na zona deportiva A Marosa. A actuación contará cun orzamento de 413.689 euros.
O Goberno local de Burela aumentou o orzamento adicado a esta obra con respecto ás dúas anteriores licitacións da mesma, que non lograron prosperar
. A primeira, porque a empresa á que se adxudicara a actuación retirárase do proxecto, e a segunda, por quedar deserta con motivo da crise provocada pola entón recente invasión rusa de Ucraína.

Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Obras, confía en que “se poida facer por fin esta obra, tanto pola súa importancia como polos esforzos feitos para que saia adiante polo Concello”. Na mesma liña exprésase a alcaldesa, Carmela López, satisfeita “por un proxecto que mellorará unha instalación pública moi importante en Burela”.

“Houbo que refacer o proxecto, dotámolo de máis cartos, e agora, por fin sae a licitación; agardamos que desta volta haxa empresas interesadas”, precisou. As gradas actuais do campo de fútbol municipal “teñen uns problemas estruturais moi graves que solventar, polo que se trata dunha obra moi importante; isto explica o esforzo económico que o concello investirá na mesma”, sinala Fernández Rey.

O concelleiro agarda “que as novas gradas duren moitos anos máis, para que poidamos ter as instalacións que lles corresponde a un equipo como a Sociedade Deportiva Burela”. “Continúa así o esforzo en renovar instalacións deportivas que leva facendo durante todos estes anos o Concello”, engade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...