InicioCentralBurelaO investigador Antón Niñe presenta o seu libro 'Unha familia de escultores:...

O investigador Antón Niñe presenta o seu libro ‘Unha familia de escultores: Xosé Rivas e Fillos’

Publicada o

- Advertisement -

O investigador e ex-profesor do IES Perdouro, Antón Niñe, presentará este luns 25 de setembro ás 18:30h na biblioteca deste centro educativo o seu libro ‘Unha familia de escultores: Xosé Rivas e fillos’.

Nel repasa a historia deste artista e dos seus descendentes. Xosé Rivas era natural de Riotorto e de alí marchou para Santiago. No seu taller dedicouse a esculpir numerosas obras, fundamentalmente imaxes relixiosas, que están repartidas por distintos lugares de Galicia, de España e mesmo de América.

Na Mariña, destaca a Virxe do Carme de Foz. Son da súa autoría tamén parte das imaxes da Semana Santa de Viveiro e outras repartidas polas igrexas de Celeiro, de Landrove, de San Francisco ou do convento de Valdeflores. Tamén podemos atopar esculturas realizadas por esta familia en Burela,

Fóra de Galicia, sobresaen especialmente as imaxes da Semana Santa de Daimiel (Cidade Real), declarada Festa de Interese Turístico Rexional e xa, a nivel internacional, as obras que a familia esculpiu atópanse en Bos Aires (Arxentina), Sao Paulo (Brasil) ou Filadelfia (EEUU).

O IES Perdouro e a Asociación Cultural Os Matos, da que Antón Niñe é presidente de honra, organizan esta presentación aberta a todo o público.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...