InicioCentralBurelaFormacións en Burela para mellorar a inserción laboral de persoas en situación...

Formacións en Burela para mellorar a inserción laboral de persoas en situación de desemprego

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela acollerá nos vindeiros meses tres cursos dirixidos a persoas desempregadas. As formacións capacitarán ás persoas participantes para incorporarse ao ámbito laboral en sectores como a atención sociosanitaria, os servizos administrativos ou as actividades de tempo libre. O alumnado terá acceso a un conxunto de bolsas e axudas para completar a formación.


“Estes cursos son unha oportunidade para mellorar a inserción laboral da cidadanía de Burela. Os participantes non só acreditarán novas competencias, senón que tamén poderán realizar un período de prácticas en empresas”, sinala a alcaldesa de Burela, Carmela López.


Deste modo, o Concello de Burela acollerá as seguintes formacións:
Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións socias. Cunha carga lectiva de 468 horas, a formación iniciarase en novembro de 2023 e será necesario contar co título de E.S.O. ou un equivalente.

Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais. Cunha carga lectiva de 448 horas, a formación iniciarase en novembro de 2023 e non conta con requisitos académicos de acceso.

Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil. Cunha carga lectiva de 328 horas, a formación iniciarase en 2024 e será necesario contar co título de E.S.O. ou equivalente.

Os cursos, que se impartirán no Centro de Formación Ocupacional do Concello, enmárcanse no plan formativo para o emprego da comunidade autónoma de Galicia. Estas formacións permitirán ao alumnado obter o certificado de profesionalidade co que acreditar as súas competencias no ámbito laboral.

As persoas interesadas poden informarse no Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela, situado no número 137 da avenida Arcadio Pardiñas, no teléfono 982580624 ou no e-mail cfo@burela.org.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...