InicioCentralBurelaUn grupo de estudantes de Antropoloxía da USC visitan o Concello de...

Un grupo de estudantes de Antropoloxía da USC visitan o Concello de Burela

O concelleiro de Turismo e Mar, Ramiro Fernández Rey, destacou que “visitas como esta son moi positivas, pois nos permiten dar a coñecer o noso patrimonio”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela recibiu a un grupo de alumnas e alumnos da Facultade de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, situada no Campus de Lugo, acompañados de varios profesores. O grupo estudantes atópase realizando un traballo sobre o mundo mariñeiro, polo que viñeron coñecer diferentes localizacións da vila relacionadas con este ámbito.


A alcaldesa Carmela López e os tenentes de alcaldesa Mario Pillado e Ramiro Fernández Rey recibiron ao grupo na Casa do Concello. Despois, visitaron o barco museo Reina del Carmen, destacando o bo estado de conservación do mesmo.


O grupo visitou tamén a Confraría de Pescadores, o local da Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns A Moncloa, e mais o mural realizado no solar da antiga conserveira como parte do proxecto Burela-IN do pasado ano 2022.


Ramiro Fernández Rey, responsable entre outras das áreas de Turismo e Mar, quixo agradecer a visita ás e ós estudantes e tamén particularmente á profesora impulsora da mesma, Elena Freire: “visitas como esta son moi positivas, pois nos permiten dar a coñecer o noso patrimonio”. “Estamos moi agradecidos e satisfeitos polo éxito da visita, tal e como nos transmitiron alumnado e profesorado”, engadiu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...