InicioCentralBurelaBurela organiza o 16 de outubro un obradoiro sobre reanimación cardiopulmonar

Burela organiza o 16 de outubro un obradoiro sobre reanimación cardiopulmonar

“Calquera persoa pode verse nunha situación complicada xunto a alguén que necesite unha reanimación cardiopulmonar”, asegura a alcaldesa de Burela, Carmela López.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela organiza este luns, día 16 de outubro, un obradoiro teórico-práctico para aprender a facer unha reanimación cardiopulmonar (RCP).


“Calquera persoa pode verse nunha situación complicada xunto a alguén que necesite unha reanimación cardiopulmonar, polo que este tipo de actividades son fundamentais”, asegura a alcaldesa de Burela, Carmela López.


O obradoiro será ás 18:00 horas no salón de plenos do Concello de Burela e os ponentes Diana García Campos, enfermera da UCI do Hospital Público da Mariña; Yago Pernas Alvarez, técnico en emerxencias sanitarias, e Francisco Muñoz González, médico do Servizo de Anestesioloxía e Reanimación do Hospital Público da Mariña.


A actividade coincide coa celebración do Día Europeo sobre a concienciación ante o paro cardiaco, este ano co lema “Unha sociedade que salva vidas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...