InicioCentralBurelaO adestrador de porteiros José Sambade abre unha sede da súa academia...

O adestrador de porteiros José Sambade abre unha sede da súa academia de tecnificación

Publicada o

- Advertisement -

O prestixioso adestrador de porteiros José Sambade, con experiencia en diferentes equipos e na selección española, acaba de abrir en Burela unha sede da súa academia de tecnificación, coa que forma a 150 mozos por toda España.

Tras chegar a un acordo co presidente da SD Burela, Jairo Campo, contará coa colaboración de Santi Expósito e Kiko Mariño para os adestramentos. A academia xa conta en Burela con más de 10 alumnos.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, estivo onte con eles en A Marosa e amosouse “encantada con esta oportunidade para os nosos mozos que queiran ser porteiros”.

“A Sambade Goalkeeper Academy representa voltar a onde comecei, a formación dos máis novos, o cal faime moita ilusión”, explica Sambade.

Está previsto tamén a realización de campus durante o verán en A Marosa. “A SD Burela abriunos as portas e estamos encantados”, remata Sambade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...