InicioCentralBurelaBurela abre un proceso selectivo para contratar dous auxiliares administrativos

Burela abre un proceso selectivo para contratar dous auxiliares administrativos

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela informa da publicación no BOP de Lugo deste luns, 23 de outubro, das bases reguladoras do proceso que se levará a cabo para a selección de dous auxiliares administrativos mediante a modalidade de funcionario interino.


A duración do contrato será de sete meses a tempo completo. As bases íntegras da convocatoria publicáronse no BOP de Lugo e na sede electrónica (https://burela.sedelectronica.es) do concello. Estarán tamén a disposición das persoas interesadas no Rexistro Xeral do concello.


Entre as funcións do posto, está a atención ao público, telefónica e persoal; a elaboración e mecanografiado de escritos diversos, correspondencia e resto de documentos; o manexo dos programas informáticos necesarios para a súa actividade (gravación de datos, obtención de listaxes, etc.), ou a xestión de correspondencia (recepción, distribución e arquivo).
As persoas interesadas que desexen participar no proceso selectivo presentarán as súas solicitudes no Rexistro Xeral, en horario presencial de 9,00 a 14,00 horas, ou mediante rexistro telemático as 24 horas.


O prazo de presentación é de sete días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...