InicioCentralBurelaBurela destaca o balance positivo do Foro de Cooperación Municipalista da Lusofonía

Burela destaca o balance positivo do Foro de Cooperación Municipalista da Lusofonía

O primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, celebrou que “todos os participantes deixamos atrás as cores políticas, centrándonos na cooperación e en partillar coñecemento e experiencias”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela, a través do primeiro tenente de alcaldesa Mario Pillado, estivo presente no IV Foro de Cooperación Municipalista da Lusofonía celebrado ao longo da pasada semana en São Tomé e Príncipe.


Pillado sinala que a experiencia foi “xenial dende o punto de vista da aprendizaxe e da adquisición de ideas e experiencias doutras entidades locais de todo o mundo a nivel de xestión medioambiental e desenvolvemento sostible”.


“Pese ós inconvintes e obstáculos que atopamos polo camiño, conseguimos sacar adiante o foro grazas ó traballo e bo facer da organización”, sinala o tenente de alcaldesa logo dos problemas nas conexións aéreas que provocaron o adiamento da sesión inaugural.
“Quero agradecer ó Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e ó Goberno Rexional do Príncipe, co presidente Filipe Nascimento á cabeza, a posibilidade que nos brindaron de participar nesta experiencia”, destacou Pillado en referencia ás entidades organizadoras do foro.


O tenente de alcaldesa celebrou que “todos os participantes deixamos atrás as cores políticas, centrándonos na cooperación e en partillar coñecemento e experiencias”. Reafirmou así mesmo “o compromiso do Concello de Burela co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que é cada vez máis forte, polo que xa traballamos en novas ideas, proxectos e actividades”.


Baixo o lema ‘Gobernanza local para o desenvolvemento sostible’, o evento tivo como obxectivo promover o intercambio de experiencias na xestión municipal, incrementar o coñecemento sobre a realidade do Sur Global e fomentar alianzas internacionais.
A delegación galega no mesmo estivo conformada, ademais de por Mario Pillado, por representantes dos concellos de Allariz, A Laracha, Nigrán e Gondomar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...