InicioCentralBurelaA Casa da Cultura de Burela acollerá unha palestra sobre enfermidades reumática

A Casa da Cultura de Burela acollerá unha palestra sobre enfermidades reumática

O acto comezará ás 19:00 e a entrada será de balde, non sendo necesario realizar ningún tipo de inscrición previa. Está organizado pola Liga Reumatolóxica Galega, en colaboración co Concello de Burela e a Deputación de Lugo entre outras entidades.

Publicada o

- Advertisement -

A Casa da Cultura do Concello de Burela albergará mañá, venres 3 de novembro, unha charla informativa sobre enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas impartida polo doutor John Guzmán, reumatólogo do Hospital Público da Mariña.


Guzmán será introducido por José León, xefe de proxectos sociosanitarios, que realizará unha breve presentación do movemento asociativo neste ámbito e dos perigos das supostas medicacións milagrosas que se poden atopar pola rede.


O acto comezará ás 19:00 e a entrada será de balde, non sendo necesario realizar ningún tipo de inscrición previa. Está organizado pola Liga Reumatolóxica Galega, en colaboración co Concello de Burela e a Deputación de Lugo entre outras entidades.


O doutor Guzmán realizará na súa intervención un repaso sobre a incidencia das enfermidades reumáticas en Galicia, e contestará aquelas preguntas que os e as asistentes queiran realizar.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...