InicioCentralBurelaBurela promociona os seus produtos pesqueiros na XXIV Edición do 'Xantar'

Burela promociona os seus produtos pesqueiros na XXIV Edición do ‘Xantar’

A Merluza d& Burela abriu o programa de catas e degustacións dos produtos do mar "GALICIA SABE AMAR" da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e Armadores de Burela promocionan esta semana os seus produtos pesqueiros máis representativos na 24ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar”, que se celebra en Ourense do 2 ao 5 de novembro.

A Merluza d& Burela abriu o programa de catas e degustacións dos produtos do mar “GALICIA SABE AMAR” da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

A sesión foi levada a cabo pola chef Emma Pinal (Gastrobar O Birrán, Ribadavia, Ourense) en colaboración con Criselda Iglesias (Tapería Lecer, Cangas do Morrazo, Pontevedra) e acompañada dos Viños D.O. Ribeiro; na que prepararon as receitas: “Merluza D& Burela lañada con vinagreta ecolóxica” e “Merluza D& Burela con salsa cítrica de Pataca de Galicia”.

O domingo a lonxa de Burela volverá ser protagonista, cun novo showcooking a cargo da chef Criselda Iglesias e a aportación de Armadores de Burela, onde o protagonista será o Bonito d& Burela, acompañado dos viños D.O. Monterrei.

Estas accións inclúense no plan de produción e comercialización da Organización de Produtores Pesqueiros Porto de Burela co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa; realízanse en colaboración con Armadores de Burela e están cofinanciadas por Xunta de Galicia e FEMPA.

Xantar é a única feira internacional de turismo gastronómico de España, celebra este ano a súa 24ª edición en Expourense e defende a calidade da gastronomía e o turismo sostible e saudable, fusionando tradición e innovación a través de exhibicións, catas, cociña en directo e moitas outras iniciativas que suceden do 2 ao 5 de novembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...