O concello prepara as novas ordenanzas que regularán o tráfico na vila, as terrazas de hostalería e o mercado semanal.
“Queremos saber a opinión dos nosos veciños e veciñas nestes temas tan importantes para o día a día do concello”, explica a alcaldesa, Carmela López.
Con respecto ao tráfico, o concello quere mellorar a seguridade viaria, aumentar os espazos de preferencia peonil e optimizar as zonas de aparcadoiro e estacionamento.
Con respecto ás outras ordenanzas, a alcaldesa manterá ademais reunións cos vendedores ambulantes e cos hostaleiros para conseguir o maior consenso.
Pódese participar nas enquisas a través da web do concello ou de maneira presencial, mediante instancia xeral polo rexistro de entrada.