InicioCentralBurelaBurela organiza unha degustación de produtos con bonito en 'Xantar'

Burela organiza unha degustación de produtos con bonito en ‘Xantar’

A alcaldesa convidou a todos os asistentes "á Feira do Bonito de Burela 2024, que será como sempre a primera fin de semana de agosto".

Publicada o

- Advertisement -

Burela é este sábado un dos concellos protagonistas na prestixiosa feira Xantar de Ourense, onde están a alcaldesa, Carmela López, e o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández. 

Da man de Ledicia (asociación organizadora da Feira do Bonito), realizou unha degustación de empanada e albóndigas de bonito na feira.

“Somos un pobo acolledor e con moito que ofrecer, cun gran patrimonio natural e por suposto unha moi boa gastronomía”, asegurou na sua intervención Carmela López.

A alcaldesa convidou a todos os asistentes “á Feira do Bonito de Burela 2024, que será como sempre a primera fin de semana de agosto”.

O concello puxo un autobús para que os veciños e veciñas interesadas puidesen acudir a esta cita. 

A feira comezou o xoves e remata mañá, e o Concello de Burela, en colaboración coa Fundación Expomar, ten un stand de promoción turística.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...