InicioCentralBurelaBurela aproba a concesión da Medalla de Honra á Confraría de Pescadores...

Burela aproba a concesión da Medalla de Honra á Confraría de Pescadores no seu centenario

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela aprobou hoxe nun pleno extraordinario e por unanimidade a concesión da Medalla de Honra á Confraría de Pescadores, que cumpre 100 anos o próximo 18 de novembro.


O acto de entrega da medalla será o sábado 18 de novembro ás 12:00 horas no salón de plenos do Concello de Burela. “Un recoñecemento moi merecido pola aportación económica e social da confraría ao noso pobo”, explicou Ramiro Fernández, concelleiro do Mar de Burela. O patrón maior, Basilio Otero, estaba presente no pleno de hoxe.


A alcaldesa, Carmela López, uniuse á noraboa e convidou “a toda á veciñanza e o tecido social da vila a asistir ao acto do próximo sábado”.


Ademais, o concello espera contar e convida a familiares e achegados dos patróns maiores que tivo a confraría nestes 100 anos.


Na sesión plenaria aprobouse tamén a prórroga do contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e unha modificación de crédito, co obxectivo de destinar ccrédito que non se utilizou ás necesidades das áreas de cultura e deportes.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...