InicioCentralBurelaA alcaldesa de Burela convoca este mércores á hostalaría local para tratar...

A alcaldesa de Burela convoca este mércores á hostalaría local para tratar a nova ordenanza de terrazas

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Burela, Carmela López, convocou aos hostaleiros e hostaleiras da vila a unha reunión para falar da nova ordenanza de instalación e uso de terrazas no espazo público do concello.

O encontro será mañá, mércores 15 de novembro, ás 17:30 horas no salón de plenos do Concello de Burela. López explicará ao sector os obxectivos da nova ordenanza e escoitará as demandas e inquedanzas dos hostaleiros, na búsqueda do maior consenso.


“É un tema importante e queremos ir da man do sector, combinando a actividade e a convivencia cos veciños, así como outros aspectos como a estética das terrazas, o espazo que deben ocupar ou o prazo de adaptación a estas novas medidas”, afirma a alcaldesa.


Ademais da reunión, están abertas as enquisas públicas de participación veciñal para opinar sobre o uso das terrazas, o tráfico e o mercado semanal.

Pódese participar nas enquisas a través da web do concello ou de maneira presencial, mediante instancia xeral polo rexistro de entrada.
Podes participar aquí: https://burela.org/gl/participacion-cidada

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...