InicioCentralBurelaO Concello de Burela presenta a programación para commemorar o 25N

O Concello de Burela presenta a programación para commemorar o 25N

A continuación será a inauguración do Xardín da Memoria, actividade realizada co alumnado do IES Monte Castelo e do IES Perdouro.

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Igualdade e o CIM do Concello de Burela presentan a programación de actividades co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.


O venres 24 de novembro, ás 12:00 horas, terá lugar na Praza do Concello a lectura do manifesto institucional contra a violencia de xénero. A continuación será a inauguración do Xardín da Memoria, actividade realizada co alumnado do IES Monte Castelo e do IES Perdouro.


Durante a mañá do venres haberá, na Praza do Concello, un posto informativo onde se fará reparto de material (folletos, chapas, pulseiras, bolsas, etc) e se dará todo tipo de información, como vía de sensibilización, para poñer fin á violencia de xénero a través da concienciación da poboación en xeral e de dar a coñecer os recursos ás vítimas en particular. E, para finalizar, ás 20:30 na Casa da Cultura, terá lugar a proxección do documental ‘Onde máis doe’.


O domingo 26 ás 11:00 horas terá lugar a II Andaina contra a violencia de xénero, unha ruta circular de 7km con saída da Praza do Concello na que colaboran a Asociación Pasada das Cabras e o Grupo de Participación Adolescente. O Concello de Burela anima a toda o veciñanza a participar nestes actos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...