InicioCentralBurelaO BNG da Mariña reclama á Xunta incluír a UAD no SERGAS

O BNG da Mariña reclama á Xunta incluír a UAD no SERGAS

Publicada o

- Advertisement -

O BNG da Mariña denuncia a complexa situación pola que atravesa a Unidade Asistencial de Drogodependencias ubicada en Burela e que dá servizo a toda A Mariña. Así o declararon o tenente alcalde Mario Pillado, a concelleira Sandra Fernández Cillero e o deputado Daniel Castro, despois de entrevistarse coa dirección do centro, analizar a situación e facer seguimento “dos moitos incumprimentos que a Xunta tén con estes centros asisitenciais coma o de Burela, que en Galiza son 17, dos cales 14 dependen dos concellos sendo estes os que cargan coa obriga de dar un servizo que lles é impropio, e moito máis cando é un servizo tan sensible como unha UAD”.


Emenda aos orzamentos da Xunta para que no 2024 este servizo sexa asumido polo Sergas
“A Xunta debe cumprir o seu propio cronograma que lle propuxo aos directores destes centros para que este servizo sexa inserido no propio Servizo Galego de Saúde-Sergas” afirmou Daniel Castro, que anunciou tamén que está proposta, con cuantificación económica vai ser planteada polo BNG como emenda aos Orzamentos da Xunta de 2024.


O tenente alcalde Mario Pillado referíuse á importancia deste servizo non só para Burela, senón para toda a comarca e considera “inasumible por parte dos concellos ter que afrontar o custo deste servizo, unha competencia a todas luces impropia, coma tantas outras que o PP desde a Xunta carga sobre os concellos, o que é moito máis grave neste caso tan sensible como necesario” afirmou.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...