InicioCentralBurelaBurela participa no III Encontro de Consellos Locais de Participación infantil e...

Burela participa no III Encontro de Consellos Locais de Participación infantil e adolescente

O Grupo de Participación Adolescente de Burela visitou esta vila da provincia de Ourense na pasada fin de semana, compartindo experiencias con espazos similares procedentes de toda Galicia.

Publicada o

- Advertisement -

O III Encontro Galego de Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente tivo lugar os pasados días 18 e 19 de novembro no Carballiño, e o Grupo de Participación Adolescente de Burela foi parte desta experiencia.


A rapazada burelá participou dunha serie de xogos, dinámicas, actividades artísticas e charlas ao longo da fin de semana, nas que compartiron vivencias con espazos similares procedentes de concellos de toda Galicia.


No encontro tratáronse diversos temas de actualidade relacionados coa infancia e a mocidade, e en particular co tratamento e prevención da violencia contra a infancia.
A sesión de clausura do evento contou coa presencia da presidenta de UNICEF Galicia, Myriam Garabito Cociña, e do director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, Jacobo Rey Sastre.


O Grupo de Participación Adolescente de Burela está a desenvolver múltiples actividades neste novo curso. Esta mesma semana teñen lugar as sesións de Contacontos nos centros educativos da vila, sendo a seguinte este xoves 23 de novembro ás 9:50 no CEIP Virxe do Carme.


Mañá, martes 21 de novembro, o grupo participará da man das monitoras da Aula Gaia de Educación Medioambiental do Concello na celebración do Mes da Giencia en Galego nas Bibliotecas, cuns obradoiros de experimentos científicos para os nenos e nenas de Burela.


Estes obradoiros terán lugar mañá, martes 21 de novembro, na sala de usos múltiples da Biblioteca de Burela, ás 17:00 para o grupo de 3 a 7 anos e ás 18:00 para o grupo de 8 a 12 anos. Para participar, é necesaria a inscrición previa na Casa da Xuventude.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...