InicioCentralBurelaO Grupo de Participación Adolescente de Burela intervén no Parlamento no Día...

O Grupo de Participación Adolescente de Burela intervén no Parlamento no Día Mundial da Infancia

O tenente de alcaldesa de Burela e concelleiro de Xuventude, Mario Pillado, acompañou á rapazada xunto á educadora familiar e ó director da Casa da Xuventude do Concello.

Publicada o

- Advertisement -

O Grupo de Participación Adolescente do Concello de Burela vén de participar nos actos celebrados con motivo do Día Mundial da Infancia no Parlamento de Galicia. Alí expuxeron as conclusións do traballo feito no III Encontro Galego de Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente, sendo María, a portavoz do GPA de Burela, a encargada de pechar as intervención.


O tenente de alcaldesa de Burela e concelleiro de Xuventude, Mario Pillado, acompañou á rapazada xunto á educadora familiar e ó director da Casa da Xuventude do Concello. Pillado destacou deles o “traballo indispensable para acadarmos a distinción de Candidata a Cidade Amiga da Infancia”.


“Quero mostrar o orgullo que supón para o equipo de Goberno e para a vila de Burela en xeral o comportamento e a actividade do GPA, que se exemplificou con este acto no parlamento”, apuntou o tenente de alcaldesa.


A intervención da portavoz do GPA de Burela destacou as experiencias intercambiadas no encontro realizado en Carballiño, sinalando que a participación da mocidade é “indispensable para facer a nosa sociedade un pouco máis igualitaria, xusta e diversa”.
No acto, os diferentes grupos de participación xuvenil fixeron ademais entrega ó presidente da cámara, Miguel Santalices, dun cadro realizado por eles mesmos co lema “Os nosos dereitos, a nosa voz. Moito que contar”.


Esta visita ao Parlamento produciuse precisamente logo de que o Concello de Burela fose oficialmente recoñecido como candidato ao recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia.
Esta distinción está impulsada pola Secretaría Permanente da Iniciativa Cidades Amigas da Infancia, conformada por representantes do Ministerio de Xuventude e Infancia, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA) e UNICEF España.


“Para nós é unha satisfacción moi grande recibir esta distinción por parte dun organismo coma UNICEF, posto que non hai demasiados concellos que a teñan”, afirma Pillado. “Temos claro que non é un fin en si, senón un medio para seguir traballando de cara a ser Cidade Amiga da Infancia, pero sobre todo, para conseguir darlle á infancia e a adolescencia o espazo e a protección que merecen”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...