A Fundación Expomar convoca aos medios de comunicación á presentación do “Día do Orgullo Mariñeiro”, que terá lugar no Hotel Nordés de Burela este martes 5 de decembro ás 11:00h.
A presidenta da Fundación Expomar, Carmela López, e o xerente, José M. González ‘Brais’, xunto coa delegada territorial de Pesca da Xunta de Galicia, Mariña Gueimunde, e o concelleiro de mar de Burela, Ramiro Fernández; anunciarán os detalles dun evento que se celebrará este mes de decembro e que combina a divulgación nas escolas, a cultura mariñeira e a gastronomía. Tamén asistirán representantes do Comité Organizador Expomar e do Padroado da Fundación.