InicioCentralBurelaBurela dá comezo á recollida dos residuos orgánicos dos contedores marróns

Burela dá comezo á recollida dos residuos orgánicos dos contedores marróns

“Tiñamos o compromiso de facelo antes de rematar o ano e así foi, cumprimos o obxectivo adiantándonos ás problemáticas que puideron xurdir”, sinala o concelleiro de Benestar Comunitario, Ramiro Fernández Rey.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela deu comezo hoxe á recollida dos residuos orgánicos nos novos contedores marróns do municipio, sendo o segundo concello da Mariña en implantar este sistema despois de Cervo, que alberga a planta de residuos orgánicos da comarca.


“Tiñamos o compromiso de facelo antes de rematar o ano e así foi, cumprimos o obxectivo adiantándonos ás problemáticas que puideron xurdir”, sinala o concelleiro de Benestar Comunitario, Ramiro Fernández Rey.


“Colocamos os primeiros contedores especialmente xunto a comedores e restaurantes, así como xunto ás casas, e pouco a pouco imos seguir implantándoos en todo o municipio”, apunta o edil.


Nesta primeira xornada xa se recolleron “preto de 400 kilos de restos orgánicos para tratar na planta de Cervo, polo que somos optimistas con respecto á implantación do servizo”, explica Fernández Rey.

O concelleiro quixo agradecer ao técnico de Medio Ambiente Cristian Pérez López “o gran traballo feito para que fose posible cumprir o obxectivo de poñer en marcha o servizo este ano, grazas a el estamos no punto no que estamos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...