InicioCentralBurelaA veciñanza de Burela poderá ver o musical 'La Sirenita' de balde

A veciñanza de Burela poderá ver o musical ‘La Sirenita’ de balde

Será unha ocasión perfecta para gozar con toda a familia na época do Nadal.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela anuncia que os veciños e veciñas de Burela poderán ver de balde este venres o musical La Sirenita.

A compañía organizadora informou recentemente ao concello de que o ritmo de venda das entradas non era o esperado, e ambas partes chegaron a un acordo para que o musical siga adiante, gratuíto e baixo a organización do concello.

A empresa poñerase en contacto para devolverlles os cartos coas persoas que compraron a entrada.

A casa da cultura de Burela acolle esta representación o venres, 29 de decembro, ás 18:30 horas. 

O espectáculo repasa as mellores cancións do coñecido clásico da animación, da man dun equipo de profesionais do teatro musical. Será unha ocasión perfecta para gozar con toda a familia na época do Nadal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...