- Advertisement -
Un veciño de Burela alertou esta pasada noite ao 112 ao confundir os miaños dun gato co pranto dun neno, segundo informou o propio servizo.
O 112 recibiu ao redor das 21,00 horas do xoves unha chamada dun particular que aseguraba escoitar os berros dun neno no medio dunha silveira nas proximidades da avenida de Arcadio Pardiñas.
Deste xeito, alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de modo preventivo. Tamén ao GES de Cervo e á Garda Civil, que se achegaron a comprobar a situación e descubriron que os sons foran emitidos por un gato, pechando o seu operativo sen maiores complicacións.