InicioCentralBurelaExpomar traballa en iniciativas de promoción da actividade pesqueira en Burela

Expomar traballa en iniciativas de promoción da actividade pesqueira en Burela

Con vistas a 2024, marcáronse as datas para as xornadas técnicas e o encontro empresarial, que serán os días 8 e 9 de maio.

Publicada o

- Advertisement -

A Fundación Expomar celebrou a súa última reunión do ano 2023, na que fixo balance dos últimos meses e traballou xa coa mirada posta nas súas actividades para 2024 e 2025.

“Aprobouse o Plan de Acción do 2024 e analizáronse as actividades realizadas en 2023, como as xornadas técnicas, o encontro empresarial, e a Feira Nautico Pesqueira, ademais doutras accións realizadas, como a presenza en feiras como Sinaval ou Expomar Cabo Verde”, explica o concelleiro de Turismo e Mar, Ramiro Fernández.

Resaltouse o éxito da celebración do día do Orgullo Mariñeiro celebrado este mes de decembro, e que o Padroado aposta por seguir impulsando, e destacouse a participación no Foro de Turismo de Huelva e na asamblea fundacional da Rede Nacional de Turismo mariñeiro celebrada en Isla Cristina (Huelva)”, sostén pola súa parte a alcaldesa de Burela, Carmela López.

Con vistas a 2024, marcáronse as datas para as xornadas técnicas e o encontro empresarial, que serán os días 8 e 9 de maio. A celebración da Feira Produart será os días 2,3 e 4 de agosto. A Fundación xa traballa por outra parte na Feira Expomar 2025 (do 7 ao 10 de maio do 2025).

Ademais, fixouse como unha prioridade tentar manter unha reunión da Rede Nacional de Turismo Mariñeiro en Burela, tentando que poida coincidir con algunha das actividades que a Fundación Expomar celebre no próximo ano.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...